Método
Por que damos prazos en semanas e non en meses
Un prazo de seis meses é unha forma elegante de dicir que non o sabemos. Preferimos entregar cada dúas semanas.
Un proxecto estimado en seis meses éntregase en nove. Non por mala fe: porque ninguén sabe no mes un o que fará falta no mes cinco.
Por iso traballamos con entregas cada dúas semanas. Non é unha preferencia metodolóxica, é unha forma de repartir o risco: na semana catro xa estades usando algo, e as correccións chegan cando aínda son baratas.
O que implica para vós. Fai falta alguén dispoñible unha hora cada dúas semanas para mirar o entregado e dicir que falla. É pouco tempo, pero non é cero, e os proxectos onde ninguén pode dedicalo son os que acaban torcidos.
