O QUE FACEMOS
Solucions para a tua empresa
Desde unha app móbil ata un ERP completo: construímos o que a túa empresa precisa.
Aplicacións a medida
Desenvolvemos o software que a túa empresa precisa, axustado a como traballades de verdade.
Marketing Dixital
Implementamos campañas de marketing dixital para fidelizar e captar novos clientes.
Correo electrónico
Correo corporativo co teu dominio, configurado e mantido por nós.
Aplicacións móbiles
Desenvolvemos aplicacións móbiles para dispositivos Android e iOS.
Deseño Web
Desenvolvemos a túa páxina web corporativa para que a túa mensaxe chegue a todo o mundo.
Outsourcing
Buscamos o perfil que mellor se adapte ás túas necesidades e poñémolo á túa disposición.
Como traballamos
Da primeira chamada a produción
01
Cóntasnos o problema
Unha reunión para entender como traballades hoxe e que vos está a custar tempo.
02
Proposta en 48 horas
Alcance, prazo e prezo por escrito, sen compromiso e sen letra pequena.
03
Entregas cada dúas semanas
Ves o avance dende o principio e correxes o rumbo antes de que sexa caro.
Dúbidas
Preguntas frecuentes
Canto custa unha aplicación a medida?
Depende do alcance, e por iso non damos tarifas pechadas por teléfono. Tras a primeira reunión enviámoste unha proposta con prezo e prazo en 48 horas.
Traballades con empresas fóra de Galicia?
Si. Boa parte dos proxectos lévanse en remoto, con reunións periódicas e entregas cada dúas semanas.
Que pasa cando o proxecto remata?
O código é teu. Ofrecemos mantemento e evolución, pero non te atamos: podes levalo cando queiras.
Podedes manter algo que xa existe?
Si, e é habitual. Primeiro revisamos o estado do código e dicímoste con franqueza se compensa mantelo ou refacelo.
Canto se tarda en ter algo funcionando?
A primeira versión útil adoita estar entre seis e dez semanas, segundo o alcance.
Tes un proxecto en mente?
Cóntanos que necesitas. En 48 horas dámoste unha proposta sen compromiso.
Falar con nós